¿Quen non escoitou miles de chistes, ou polo menos centos, de avogados? ¿Quen non riu con eles?
Moitas son as persoas, entre as que me inclúo, que pensan que eles (os avogados) son a mesma faciana de Satán. A súa representación na Terra. Pode que sexa simplista... Non o nego.
As almas vendidas (en moitos casos son o humano derrotado).
Non estou falando de todas aquelas persoas que respetablemente apoian e defenden a quenes o merecen, a personas que consideran inocentes, senón a persoas que representan a quenes saben que son culpábeis. A quenes representan a quenes reconoñecen como culpábeis de feitos que farían estremecerse ó mesmo diaño.
E hai quenes din...
- ¿Qué farían as persoas nas que ninguén cre, e que a pesares de todo son inocentes? ¿Serían xuzgados coma criminais? ¿Sería "xusto"?
- ¿Que farían as persoas que cometeron un erro y que merecen unha segunda oportunidade, pois son conscientes dos séus actos y se arrepienten?
- ¿Que farían aquelas persoas trastornadas que non poden percatarse da gravidadee das consecuencias do seus actos, que non son conscientes de facer mal? ¿Que farían as personas verdadeiramente enfermas?
- ¿Que farían as personas enaxenadas temporalmente por mor de causas relativamente respetábeis?
- E sobre todo... ¿Que facer coas persoas que son culpábeis e constientes dos seus actos? ¿É "xusto" que as tratemos igual que ás demáis? ¿É xusto condear a alguén consciente dos seus actos (e moitas veces orgulloso) ó mesmo que alguén que non o é?

(pois a LEI é para todos, comprendámola ou non; sempre ten unha función que debe ser respectada, entendámola ou non..e se non, carguemos coas consecuencias... e se non aturan o castigo, como quen chega máis tarde do consentido dunha festa do que sus pais lle consenten, que se "safe"; quizáis ise é o papel deles, dos avogados)
Pero a persares de todo, co coñecemento de certos casos, un pregúntase... ¿de verdade é xuzgable calquera persoa en base á lei? ? ¿E que ocorre coa muller maltratada que sofre, e un determinado día estoupa e se leva con ela e o seu futuro a unha persoa que o merece (ou non)? ¿Quen decide? ¿Ela ou as pesoas que están tan alonxadas da realidade que apenas teñen contacto e coñecemento do que acontece arredor delas, das verdadeiras persoas maltratadas (os xuices ou xurados non saben o que é, normalmente)? ¿Pódese xulgar dende fóra do mesmo caso? ¿Pódese un poñer na pel doutro ate tal punto de condear moralmente unha decisión, un acto?
A Xustiza é cega, porque non representa o que todos consideramos como "xusto", senón o que se considera coma "xusto" nun lugar e momento determinados, que non é o mesmo.
Hai centos de inocente que se salvan grazas ás artes dun colectivo coma é o dos avogados, que fan un traballo tan ingrato coma necesario. Pero... ¿quén pode esquencerse, a pesares de todo, ou do "des-traballo" que realizan esas persoas tan pouco humanas que defenden o indefendible (moitas veces, claro, non sempre)...?
Pero á vez... ¿quenes seriamos nós (a sociedade) sen un colectivo que crese cegamente (moitas veces por oficio, outras moitas por cartos) que todos somos inocentes ate que se demostre o contrario? ¿Quenes seriamos todos, a pesares das probas incriminatorias, sen a existencia dunha presunción de inocencia? ¿Que sería dos inocentes tristemente inculpados sen a presenza dun avogado que combatise as probas máis febles, e tamén as máis fortes, que demostrasen a "verdade"?¿E que ocorre cos "mal-inculpados" dun acto que no cometeron, pero que se ven xulgados?
Todo é moi triste. Sempre. Sexa mentira (unha pena) ou sexa verdade (case unha pena maior).
Qué carallo.
¿Que sería de nós se non poidésemos pagar a asistencia dun eslabón tan delgado e tan forte coma eles? Sempre a mesma cantiga. Odiar e desexar.
¿Por qué non podemos prescindir deles, a pesar de que todos sabemos que o Inferno está cheo de avogados? Moi sinxelo...
Porque, ó fin e ó cabo, todos sabemos o que Sartre dixo, que o Inferno está onda nós, que é inherente ó ser humano... e que o Inferno está nos demáis... Aínda que os demáis sexan un reflexo de nós mesmos...

APOIEMOS ÓS DÉBILES, ÓS QUE NON TEÑEN VOZ ATE QUE ESTOUPAN, ÓS QUE NON SABEN O QUE É A LIBERDADE ATE QUE NON REMATAN COA SÚA PROPIA...
A AQUELES QUE LOITAN, SEN SABELO, POR TODOS.
APOIEMOS ÁS VÍCTIMAS, PORQUE CADA DÍA SON MÁIS, E AÍNDA QUE ÁS SÚAS VOCES SE LLES ESCOITE UN POUCO MÁIS, NON SON TODO O FORTES QUE DEBERÍAN.

E TAMÉN LONGA VIDA PARA MIGUEL ANXO E PARA O QUE DEIXOU, SEN SABELO, DETRÁS DE SÍ... LONGA VIDA PARA O ESPÍRITO DE ERMUA E PARA TODO AQUEL QUE SOFRE, SEXA EN ESPAÑA, EN EUROPA OU NO MUNDO.

LONGA VIDA PARA OS QUE LOITAN POLA LIBERDADE, PERO SOBRE TODO POLA VIDA.
AÍNDA QUE SEXA NA CLANDESTINIDADE... sempre respetando o que somos... PERSOAS CEIVES PARA DECIDIR, SEN FERIR A UNIDADE, SEN DANAR ÁS PERSOAS, SEN FACER DANO A INOCENTES
NON Ó TERROR, BEN SEXA DENTRO DA CASA OU FÓRA DELA.
NON Ó TERROR, NIN Á VIOLENCIA.
NON Á REPRESIÓN.
NON Á IMPUNIDADE.
NON Á SEPARACIÓN, POIS TODOS SOMOS UN, A PESARES DAS DIFERENZAS... TODOS SOMOS UN E MORREMOS CADA VEZ QUE UN INOCENTE MORRE.
TODOS SOMOS VÍCTIMAS MENTRES NA SOCIEDADE HAXA VÍCTIMAS.
TODOS DEBEMOS SER MANS BRANCAS.
TODOS DEBEMOS REXEITAR A VIOLENCIA, NON IMPORTA ONDE SE PRODUZA.
PORQUE UNHA VIDA CUSTA O MESMO SEXA ONDE SEXA

GRAZAS A AQUELES QUE LOITAN, SOBRE TODO SEN SABELO
***